FERREIRO: "ENTREGAMOS 40.000€ EN VALES DE 100€ PARA QUE TODAS AS FAMILIAS POIDAN TER ACCESO AO MATERIAL NECESARIO PARA A ESCOLARIZACIÓN DAS E DOS NENOS"
Maite Ferreiro anuncia o inicio da entrega dos vales da concellería de Educación para libros de texto e material escolar
Ferreiro: "Entregamos 40.000€ en vales de 100€ para que todas as familias poidan ter acceso ao material necesario para a escolarización das e dos nenos"
As concellería de Educación comezou hoxe coa entrega dos vales ás familias
Lugo, 24 de setembro de 2024. Maite Ferreiro, concelleira responsábel de Educación, anunciou que vén de iniciarse a entrega dos vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar. "Continuamos co noso obxectivo de ter listo este procedemento co inicio do curso escolar escolar", declarou Ferreiro, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".
A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.
As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e a recollida de vales realizarase nas oficinas de Educación no Centro Uxío Novoneyra.