A EDIL DE CULTURA E O TENENTE ALCALDE DO CONCELLO DE LUGO, RUBÉN ARROXO, ANUNCIARON QUE MEDIO CENTO DE ARTISTAS LUCENSES PARTICIPARÁN NAS FESTAS "COMO TELONEIROS DOS CONCERTOS DA HORTA DO SEMINARIO E DE SANTA MARÍA, E CUN ESPAZO PROPIO COMO A PRAZA DA MOSQUEIRA"

Maite Ferreiro: "A música feita en Lugo será a protagonista do San Froilán 2024"


A edil de Cultura e o Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciaron que medio cento de artistas lucenses participarán nas festas "como teloneiros dos concertos da Horta do Seminario e de Santa María, e cun espazo propio como a praza da Mosqueira"

Hoxe comezou a instalación do alumeado ornamental do San Froilán

Maite Ferreiro: "A música feita en Lugo será a protagonista do San Froilán 2024"



Lugo, 23 de setembro de 2024. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, mantiveron un encontro con músicas e músicos de Lugo onde afirmaron que o San Froilán "será un gran escenario para a promoción da música creada na nosa cidade". Ferreiro destacou que "medio cento de artistas lucenses participarán nas festas, tanto como teloneiros dos escenarios da Horta do Seminario e de Santa María como cun escenario propio que xa converteu á praza da Mosqueira no principal foco da música feita en Lugo".

Ferreiro afirmou que "queremos que o San Froilán sexa cada ano unha festa de todas e todos os lucenses, para isto é indispensable contar coas principais agrupacións musicais da nosa cidade", e destacou que "as e os nosos músicos compartirán escenario con nomes xa consolidados no panorama estatal e internacional como Fillas de Cassandra, Triángulo de Amor Bizarro ou María Rodés".

Maite Ferreiro destacou que a praza da Mosqueira "é xa o gran escenario dos grupos lucenses, tanto ao longo do verán como nas festas do San Froilán", e destacou a importancia patrimonial deste escenario, "que permite desfrutar de música tendo de fondo o noso patrimonio máis importante", explicou, facendo referencia á propia Mosqueira.

A concelleira de Cultura anunciou tamén que veñen de comezar os traballos para instalar o alumeado ornamental do San Froilán, que iluminará máis de 50 puntos da cidade, con preto dun millón de microleds dispostos nas distintas rúas. Colocaranse máis de 200 arcos luminosos de entre 2.000 e 4.000 leds, ademais de decoracións diversas con rótulos, farolas e teitos luminosos.

Maite Ferreiro: "A música feita en Lugo será a protagonista do San Froilán 2024"