Rubén Arroxo e Maite Ferreiro entregan un lote de libros procedentes do fondo bibliográfico municipal á asociación veciñal de Coeses

Maite Ferreiro: “queremos achegar os libros en galego a toda a veciñanza, facilitando o acceso aos libros editados polo Concello”

A área de Cultura achegará lotes de libros ás asociacións veciñais que o soliciten

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro entregan un lote de libros procedentes do fondo bibliográfico municipal á asociación veciñal de Coeses

Lugo, 29 de decembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron a parroquia de Coeses onde realizaron a entrega dun lote de libros procedentes do fondo bibliográfico municipal á asiciación veciñal. Maite Ferreiro explicou que “desde o Goberno de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza teña acceso a libros escritos en galego e achegar á veciñanza os distintos libros do fondo bibliográfico que xestiona a área de Cultura”.

A área de Cultura realizou hoxe a primeira entrega de libros ás asociacións veciñais, que se ampliará a todas as asociacións veciñais que o soliciten “para ampliar os libros existentes nas coleccións que moitas asociacións gardan nas súas instalacións, e facilitar que as persoas que forman parte delas poidan acceder aos libros editados polo Concello”.

A concelleira de Cultura destacou o gran éxito que tiveron as distintas iniciativas postas en marcha durante este ano para achegar á veciñanza os libros procedentes deste fondo. “Centos de persoas recolleron libros en galego editados polo Concello en datas importantes como o día do Libro, o día das Letras Galegas ou o día dos Museos”, lembrou Maite Ferreiro.

 

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro entregan un lote de libros procedentes do fondo bibliográfico municipal á asociación veciñal de Coeses