A TENENCIA DE ALCALDÍA CEDEU O ESPAZO DAS CELAS DO SEGUNDO ANDAR DO VELLO CÁRCERE "PARA ACERCAR O PÚBLICO AOS CAMPOS DE TRABALLO DAS FUTURAS ARTISTAS LUCENSES"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro inauguran no Vello Cárcere a nova exhibición da Escola de Arte Ramón Falcón

A Tenencia de Alcaldía cedeu o espazo das celas do segundo andar do Vello Cárcere "para acercar o público aos campos de traballo das futuras artistas lucenses"

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón presentou hoxe unha mostra cos traballos do seu alumnado

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro inauguran no Vello Cárcere a nova exhibición da Escola de Arte Ramón Falcón

 

Lugo, 26 de xuño de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acudiron hoxe á inauguración da mostra elaborada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, dentro da súa política de conexión coa cidade de Lugo, onde leva máis de medio século instaurada. A exhibición está conformada por unha mostra de traballos dos seus alumnos e alumnas, con diversas técnicas e disciplinas, "nunha escolma que permanecerá aberta a todo o público nas celas do segundo andar do Vello Cárcere durante os próximos meses", indicou Maite Ferreiro.

A área de Cultura do Concello de Lugo cedeu este espazo co fin de "acercar o público aos campos de traballo das futuras artistas lucenses no campo da serigrafía, fotografía, cerámica, gravado e técnicas de estampación ou deseño gráfico e de interiores", explicou a concelleira responsable.

Esta mostra, insiste Maite Ferreiro, "permite que o alumnado da Escola Ramón Falcón amose o resultado da formación de catro anos académicos, onde se explora a creatividade, pero tamén a funcionalidade, as tendenzas e a estética para transformar espazos privados, pero tamén públicos".

Ferreiro quixo remarcar a aposta dende a Tenencia de Alcaldía pola arte local, xa que considera fundamental "ofrecer un espazo para que as e os artistas lucenses amosen as súas obras e o seu traballo, promovendo a diversidade cultural e creando un espazo cultural fixo na nosa cidade". O Vello Cárcere e as demais salas museísticas de Lugo, insiste a concelleira, recoñecen e valoran as artes feitas en Lugo, ofrecendo unha axenda cultural completa e variada que se extende durante todo o ano.

 

 

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro inauguran no Vello Cárcere a nova exhibición da Escola de Arte Ramón Falcón