MAITE FERREIRO: "VOLVE O LUGO MÁXICO, UNHA CITA QUE AXUDA A ESTIMULAR A IMAXINACIÓN E A CAPACIDADE DE CONCENTRACIÓN DOS E DAS MÁIS CATIVAS"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Lugo Máxico 2025


Lugo acollerá 28 actividades de maxia para distintos públicos entre o 19 e o 24 de maio

Maite Ferreiro: "Volve o Lugo Máxico, unha cita que axuda a estimular a imaxinación e a capacidade de concentración dos e das máis cativas"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Lugo Máxico 2025



Lugo, 08 de maio de 2025. O Tenente Alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co Mago Antón e os magos Marcos Waldemar e Nacho Samena, a edición 2025 do Lugo Máxico, "unha cita totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo e que axuda a estimular a imaxinación e a capacidade de concentración dos e das máis cativas". Ferreiro destacou que "durante catro días chegarán a Lugo unha serie de magos de gran calidade e recoñecemento, tanto galegos como do resto do estado e do mundo".

O Lugo Máxico 2025 achegará 28 actividades entre o 19 e o 24 de maio, con galas, actividades nos centros de ensino e a sesión de maxia do HULA que terá lugar  o venres 23 a partir das 13:00 cos magos David Méndez, Marcos Waldemar, David NAvares e Nacho Samena.

A primeira actividade terá lugar o 19 de maio, a partir das 20:30 no Vello Cárcere coa conferencia divulgativa de Xosé Díaz e Belén Fernández, "O Misterioso Dr. Saa: A historia do Conde de Waldemar, Ilusionista, Prestidixitador e Telépata".

O Vello Cárcere acollerá a exposición "O conde de Waldemar", que contará con visitas guiadas os días 20, 21 e 22 (11:00 e 12:30 para escolares, 17:30 e 19:00 para adultos), e haberá 4 actividades de maxia na rúa, co mago David Navares e o seu espectáculo "A Maxia dun Trotamundos", que se poderá desfrutar na praza da Milagrosa o 19 de maiko ás 19:00, 20 de maio ás 19:00 en Augas Férreas, 21 de maio ás 13:00 na praza Maior e ás 19:00 na praza do Castiñeiro e 22 de maio ás 19:00 na Mosqueira.

O Lugo Máxico contará con dúas galas, que se realizarán no auditorio Fuxan os Ventos. Mag Edgard presentará o seu espectáculo "Mutis e a Maxia" o 23 de maio ás 20:30 e o sábado 24 terá lugar a Gala Lugo Máxico cos magos Cayetano Lledo, Charlie Mag, Kiko Pastur, Celia Muñoz, Miguel Muñoz, Nacho Samena e Marcos Waldemar, a partir das 20:30.

Todas as actividades do Lugo Máxico 2025 serán gratuítas e de acceso libre ata completar a cabida do recinto, agás as galas, cuxas entradas estarán á venta no portal entradaslugo.es. Toda a información do Lugo Máxico pode consultarse na web https://lugomaxicooficial.com.

Programación completa Lugo Máxico 2025

Luns 19 de maio
MAXIA PARA ESCOLARES
11:00 h. O MAGO PACO no Ceip Paradai
11:00 h. DAVID MÉNDEZ no Ceip Sagrado Corazón
MAXIA NA RÚA - DAVID NAVARES presenta A MAXIA DUN TROTAMUNDOS
19:00 h. na Praza da Milagrosa
CONFERENCIA DIVULGATIVA - XOSÉ DIAZ E BELÉN FERNÁNDEZ presentan O MISTERIOSO DR. SAA: A HISTORIA DO CONDE DE WALDEMAR, ILUSIONISTA, PRESTIDIXITADOR E TELÉPATA
20:30 h. no salón de actos do Vello Cárcere

Martes 20 de maio
MAXIA PARA ESCOLARES
11:00 h. O MAGO PACO no Ceip Albeiros
EXPOSICIÓN + VISITAS GUIADAS + MAXIA - CONDE DE WALDEMAR (Vello Cárcere)
Para escolares ás 11:00 e 12:30 h e para adultos 17:30 e 19:00 h.
MAXIA NA RÚA - DAVID NAVARES presenta A MAXIA DUN TROTAMUNDOS
19:00 h. na Praza de Augas Férreas
MAXIA NA ESCURIDADE - JUAN ESTEBAN VARELA presenta DENTRO DO INVISIBLE
20:30 h. no MIHL

Mércores 21 de maio
MAXIA PARA ESCOLARES
11:00 h. DAVID MÉNDEZ no Ánxel Fole
11:00 h O MAGO PACO no Ceip As Gándaras
EXPOSICIÓN + VISITAS GUIADAS + MAXIA - CONDE DE WALDEMAR (Vello Cárcere)
Para escolares ás 11:00 h. e 12:30 h e para adultos 17:30 h. e 19:00 h.
MAXIA NA RÚA - DAVID NAVARES presenta A MAXIA DUN TROTAMUNDOS
13:00 h. Na praza Maior
19:00 h. Na praza do Castiñeiro
MAXIA NA ESCURIDADE - JUAN ESTEBAN VARELA presenta DENTRO DO INVISIBLE
20:30 h. no MIHL

Xoves 22 de maio
MAXIA PARA ESCOLARES
11:00 h. DAVID MÉNDEZ no Ceip Illa Verde
11:00 h. O MAGO PACO no Ceip Menéndez Pelayo
EXPOSICIÓN + VISITAS GUIADAS + MAXIA - CONDE DE WALDEMAR (Vello Cárcere)
Para escolares ás 11:00 e 12:30 h e para adultos 17:30 e 19:00 h.
MAXIA NA RÚA - DAVID NAVARES presenta A MAXIA DUN TROTAMUNDOS
19:00 h. na Mosqueira
LUGO MÁXICO OFF - Espazo alternativo para amadores da maxia
22:30 h.

Venres 23 de maio
MAXIA PARA ESCOLARES
11:00 h. DAVID MÉNDEZ no Ceip Casás
11:00 h. O MAGO PACO no Ceip Nadela
MAXIA NO HULA con DAVID MÉNDEZ, MARCOS WALDEMAR, DAVID NAVARES e NACHO SAMENA
13:00 h. Hospital Lucus Augusti

GALA UNIPERSOAL - MAG EDGARD presenta MUTIS E A MAXIA
20:30 h. Auditorio Fuxan os Ventos

Sábado 24 de maio
LUGO MÁXICO OFF - Espazo alternativo para amadores da maxia con JUAN ESTEBAN VARELA
12:00 a 13:30 h.
QUERO SER MAGO (OBRADOIRO DE MAXIA) con FERNANDO MORENO
11:00 a 13:30 h. Vello Cárcere
GALA LUGO MÁXICO con CAYETANO LLEDÓ, CHARLIE MAG, KIKO PASTUR, CELIA MUÑOZ, MIGUEL MUÑOZ, NACHO SAMENA e MARCOS WALDEMAR
20:30 Auditorio Fuxan os Ventos

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o Lugo Máxico 2025