Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben no concello á presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo
A Concelleira de Cultura e o Tenente Alcalde mantiveron unha xuntanza para coñecer de primeira man as necesidades desta asociación
Lugo, 16 de febreiro de 2022. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza con Marta López, presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo para coñecer de primeira man as necesidades desta asociación e a súa implantación no tecido empresarial da cidade.
O Tenente Alcalde e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, que busca coñecer de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade. Nas últimas semanas, concelleiras e concelleiros das áreas da Tenencia de Alcaldía xa mantiveron diversas xuntanzas con distintos proxectos asociativos, como a Escola Semente ou Nenea, na zona rural de Lugo.