Rubén Arroxo: “a nova ordenanza de circulación potenciará o uso da bicicleta”
O Tenente de Alcalde anunciou, o día da Bicicleta, os piares nos que se asenta o plan que a área de Mobilidade está a levar a cabo
Segundo Arroxo “adaptaremos a ordenaza para potenciar o transporte público e a bicicleta, centrando a mobilidade nas persoas”
Lugo, 19 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou, polo día da Bicicleta as modificacións nas que a área de Mobilidade está a traballar de cara á renovación da Ordenanza Municipal de Circulación. Rubén Arroxo explicou que “de cara ao novo modelo de Circulación co que contará Lugo, a bicicleta será un dos eixos de maior importancia, xunto co transporte público e as persoas que decidan ir a pé”.
Rubén Arroxo explicou que “Lugo conta cun eixo practicamente chan, desde a Fonte do Rei até Garabolos, onde ademais vive gran parte da poboación da cidade”. Segundo o Tenente de Alcalde, “este entorno de 4 Km permitirá utilizar a toda a veciñanza que o desexe utilizar a bicicleta como un vehículo alternativo”, para o que “na nova ordenanza potenciaremos o uso da bicicleta, dándolle protección ao circular pola calzada, especialmente neste treito”.
A anterior ordenanza data do ano 2012 e quedou obsoleta en parte do seu articulado debido ás modificacións de normativa feitas pola propia DXT. Segundo Arroxo “traballamos nunha nova ordenanza que potencie unha mobilidade máis ecolóxica e impulsaremos o transporte urbano, o uso da bicicleta e reducindo o uso do vehiculo particular”.
O persoal técnico muncipal está a traballar na nova normativa, para o que se está a contar tamén grupo de especialistas neste ámbito. A área de Mobilidade ten como obxectivo, segundo Rubén Arroxo, “que a ordenanza resultante satisfaga as necesidades dunha cidade amable coas persoas e digna do século XXI”.