“NON É XUSTIFICABLE QUE O GOBERNO DECIDIRA SACAR O BUS DA PZA DA MILAGROSA E TEÑA MONTADO ESTE CAOS COS BUSES” DIXO ARROXO

Rubén Arroxo pide a inmediata reordenación do servizo de buses na Milagrosa

O voceiro do BNG afirmou “queriamos confirmar que o goberno ten unha decisión tomada sobre o bus e non pon solución a pesar de poder facelo”

Rubén Arroxo pide a inmediata reordenación do servizo de buses na Milagrosa

Lugo, 12 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, dirixiuse a alcaldesa para reclamar “unha reordenación inmediata do servizo de buses na zona da Milagrosa”. “Non é xustificable que o goberno decidira sacar o bus da pza. da Milagrosa e teña montado este caos cos buses” dixo Arroxo e engadiu “temos o autobús da liña 5 acumulando retrasos, gastando cartos e ofrecendo un mal servizo a pesares de que xa se lle podería ter dado unha solución”.

Rubén Arroxo dixo que “o goberno municipal ten que mirar por que os buses sexan un servizo público que funcione, pero parece que a empresa fai en Lugo o seu agosto dende a nova adxudicación, sen que ninguén do concello tome as rendas para velar polos intereses das persoas usuarias”. “As liñas de bus do barrio da Milagrosa podían estar funcionando perfectamente por que as obras están previstas dende fai moito tempo e podía terse reorganizado o servizo fai moito tempo” afirmou Arroxo.

Rubén Arroxo pide a inmediata reordenación do servizo de buses na Milagrosa