Rubén Arroxo presenta a pasarela que Mobilidade plantexa para o centro de saúde de San Roque
Rubén Arroxo: “trátase dunha proposta que permitirá mellorar a mobilidade na zona e atender a unha solicitude da veciñanza de Fontiñas”
O Tenente de Alcalde e o concelleiro de Infraestruturas presentaron a proposta a colectivos vencellados coa accesibilidade
Lugo, 05 de febreiro de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, presentaron aos colectivos lucenses vencellados á accesibilidade a proposta de pasarela que desde a área de Mobilidade se plantexa para o centro de saúde de San Roque, na zona de Fontiñas.
Rubén Arroxo explicou que “desde a área de Mobilidade levamos moito tempo plantexando as distintas alternativas para darlle solución aos problemas de mobilidade da zona de Fontiñas, especialmente na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda”. “Trátase dunha solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando, e que tratamos desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel”.
A solución plantexada pola área de Mobilidade consiste na creación dunha pasarela que una o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuizo, e cumprindo con todas as normativas vixentes no tocante á accesibilidade e ao paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela proposa terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros.
Esta solución, segundo o Tenente de Alcalde, permitiría “unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano”.
Rubén Arroxo vinculou esta actuación “á mellora integral da mobilidade e da accesibilidade que se está a facer na zona”, e lembrou as actuacións levadas a cabo durante o ano pasado, modificando a pavimentación das beirarrúas do Carril do Xuízo por baldosas tipo punta de diamante, que evitan resbalóns, e a actuación que se está a levar a cabo actualmente, que consiste na mellora da adherencia da banda de rodadura da vía.