Rubén Arroxo presenta a pasarela que Mobilidade plantexa para o centro de saúde de San Roque
“O certame de disfraces do Entroideando 2021 non ten carácter competitivo, pretendemos fomentar a participación veciñal”, explicou Maite Ferreiro
Os concertos emitiranse na páxina de Facebook da concellería de Cultura
Lugo, 06 de febreiro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os 6 concertos telemáticos que se unen á programación do Entroideando 2021, co que a área de Cultura pretende manter viva a celebración do Entroido cumprindo coas restricións sanitarias vixentes. Segundo explicou Maite Ferreiro, “achegamos unha proposta de concertos contando coma sempre cos grupos e as empresas do tecido cultural local, tendo como obxectivo garantir o entretemento nun Entroido distinto debido á crise sanitaria”.
O ciclo de 6 concertos únese ao certame de disfraces telemático. As persoas que o desexen deberán subir unha foto ou vídeo ás redes sociais co disfraz de Entroido do ano actual ou de anos anteriores, e etiquetar a publicación co cancelo #Entroideando. Na descripción da publicación deberá indicarse tamén o ano de realización, e nas imaxes de nova realización deberán cumprirse todas as normativas sanitarias vixentes, derivadas da crise sanitaria.
A área de Cultura difundirá, tamén nas redes sociais, un vídeo elaborado pola Asociación Pepe Barreiro, que resume os 20 anos de vida da asociación e as actividades realizadas. No vídeo, as veciñas e veciños de Lugo poderán ver imaxes das distintas conferencias organizadas pola Asociación, xunto con retrospectivas dos enterros da sardiña, ademais, inclúense imaxes que fan referencia á exposición “Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois”, que se situou durante o Entroido pasado na Rúa da Raíña
Concertos de Entroido
Sábado 13 Febreiro 13h: Atlántica.
Sábado 13 Febreiro 20,30h: FruitJuzz.
Domingo 14 Febreiro 13h: Mixtape.
Domingo 14 Febreiro 20,30h: Wireless.
Luns 15 Febreiro 20,30h: Wicked World.
Martes 16 Febreiro 13h: Rachel & The Blue Batons.