"SEGUIMOS ESCOITANDO AS OPINIÓNS DO TECIDO ASOCIATIVO E DA VECIÑANZA DA CIDADE PARA PLANIFICAR MELLOR O TRABALLO A EXECUTAR", AFIRMOU RUBÉN ARROXO
Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias
Arroxo puido coñecer de primeira man as necesidades da asociación
"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 24 de xaneiro de 2024. O Tentente Alcalde, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.
O Tenente Alcalde e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.
Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. "Traballamos para seguir mellorando a cidade", afirmou o Tenente Alcalde, que engadiu "desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo".