Rubén Arroxo: “toda a veciñanza de Lugo poderá desfrutar durante o San Froilán do desenvolvemento do barrio de recatelo executado este ano”
O Tenente Alcalde destacou que Recatelo é un dos principais itinerarios para unir o centro co parque de Rosalía “dúas das zonas da cidade con máis actividade durante as festas”
Arroxo anunciou que vindeiros días instalarán unha serie de xardineiras na zona para completar a renovación da rúa
Lugo, 06 de setembro de 2022. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou as rúas de Recatelo xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas. Arroxo afirmou que “a peonalización está practicamente rematada, a falta só de que nas videiras semanas se instalen novas xardineiras ao longo da rúa Isaac Díaz Pardo”, e engadiu “durante o San Froilán, toda a veciñanza de Lugo poderá desfrutar do barrio de Recatelo completamente renovado”.
Segundo Rubén Arroxo, "Recatelo está a converterse nunha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, dúas das zonas que acollen máis actividade durante as festas”.
A peonalización de Recatelo está practicamente rematada despois de instalar os novos en bancos de madeira con respaldo, montados sobre unha estrutura de pedra, similares aos colocados no resto da cidade, e que se ubicaron ao longo da rúa Avelino Pousa Antelo. O percorrido de Isaac Díaz Pardo acollerá nos vindeiros días a instalación de novas xardineiras, que crearán novas zonas de sombra nesta rúa.
O Goberno de Lugo realizou durante este mandato un importante esforzo para mellorar este barrio histórico da cidade. No ano 2020 comezouse a executar a peonalización da rúa Vila de Sarria e elaborouse o proxecto de peonalización das rúas Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo, que se executou durante este ano e permitiu rematar a renovación integral do barrio.