Lugo acolle a quinta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

As 4 representacións desta edición terán entre o 11 e o 25 de setembro

As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es a partir deste xoves

Lugo acolle a quinta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

Lugo, 06 de setembro de 2022. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, a quinta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Maite Ferreiro afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.

A quinta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 11 e o 25 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

·         11 de setembro ás 18:00 – Fráxiles, de Rebulideiras Teatro

·         17 de setembro ás 20:30 – Un desastre de función, de Gargallada Teatro

·         28 de setembro ás 18:00 – O Principiño, de Paso de Valverde

·         25 de setembro ás 18:00 – Os veciños do lado, de Fauna 113

Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou a partir deste xoves no portal entradaslugo.es.

Lugo acolle a quinta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador