Rubén Arroxo visita, xunto con persoal técnico, a construcción dunha plataforma única na rúa Luís Seoane

Rubén Arroxo: “nesta zona aplicamos un modelo que demostrou a súa viabilidade en rúas estreitas e está xa a funcionar na zona de”

“A veciñanza xa pode desfrutar do treito entre as rúas García Abad e Tino Grandío rematado, abrindo unha nova zona de paseo paralela á avenida da Coruña”, explicou o Tenente alcalde

Rubén Arroxo visita, xunto con persoal técnico, a construcción dunha plataforma única na rúa Luís Seoane

Lugo, 05 de setembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rúa Luís Seoane xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas e persoal técnico municipal e da obra. Arroxo explicou que os traballos da zona continúan a bo ritmo e que a veciñanza da contorna “xa pode desfrutar do treito entre García Abad e Tino Grandío completamente rematado”.

“Trátase dun proxecto importante para a mellora estética do barrio da Milagrosa, no que apostamos polo modelo de plataforma única con preferencia peonil, un modelo que xa está a funcionar noutras rúas estreiras como a rúa Sanxillao ou en Fingoi”, explicou o Tenente Alcalde..

A solución que está a executar o Goberno de Lugo eliminará as barreiras arquitectónicas da rúa, creando unha serie de espazos de relación e descanso que permitirán o desfrute da zona por parte da veciñanza, potenciando o carácter vivo da rúa ao longo do día. Estes espazos de relación dotaranse de mobiliario urbano como bancos e papeleiras, xerando pequenas prazas que favorezan  o caracter peonil do conxunto. Ademais, manteranse as árbores existentes na súa posición actual, garantindo zonas de sombra.

Xunto coa transformación da rúa, renovaranse tamén os servizos soterrados, como o alumeado, cuxa instalación se soterrará, e prepararse tamén o sistema de canalizado para facilitar o soterramento das instalacións de electricidade e telefonía. O modelo de Plataforma Única, permitirá gañar espazo para o tránsito peonil, sen afectar á dispoñibilidade de prazas de estacionamento.

Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual. Rubén Arroxo explicou que “o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao contarse cun novo alumeado máis uniforme, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético”. A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 388.429,75€ nesta actuación.

Rubén Arroxo visita, xunto con persoal técnico, a construcción dunha plataforma única na rúa Luís Seoane