Rubén Arroxo: “o transporte urbano de Lugo é o máis barato da Galiza e o terceiro máis barato do estado”
A área de Mobilidade estudou o prezo do billete ordinario de transporte urbano en todas as capitais de provincia do estado
O Tenente de Alcalde animou á veciñanza “a utilizar a tarxeta cidadá, que permite reducir o custo da viaxe no bus urbano”
Lugo, 27 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que o transporte urbano de Lugo conta co prezo máis barato da Galiza, e o terceiro do estado no billete ordinario do transporte público. O Tenente de Alcalde explicou que “o prezo por billete de transporte urbano da cidade de Lugo actualmente está só por detrás das cidades de Ávila e Ceuta”. Estas dúas cidades contan cun prezo de 0,55 e 0,62€ respectivamente no seu billete ordinario.
Os datos revisados pola área de Mobilidade indican que o prezo ordinario do billete de bus “está por debaixo do prezo reducido en 8 cidades do estado, e as bonificacións ás que teñen acceso moitas veciñas e veciños permiten ter un bono reducido que se atopa entre os 10 máis baratos do estado”. O prezo do bono ordinario de Lugo, cun prezo de 0,64€, atópase por debaixo dos bonos reducidos en Soria, Cidade Real, Málaga, Sevilla, Guadalaxara, Cádiz, Oviedo e Toledo.
O novo proxecto de mobilidade está composto por catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade. No eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos.
O Tenente de Alcalde explicou que “unha vez entren en funcionamento as novas liñas, entrarán en funcionamento unha serie de novas pantallas informativas, que permitirán coñecer o tempo que falta ata a chegada do vindeiro bus”. Arroxo explicou que “o seguimento das liñas estará dispoñible para toda a veciñanza a través de aplicacións web”.
O HULA gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo. As novas liñas permitirán conectar de xeito directo o hospital coas zonas de Fingoi, Magoi, Sagrado Corazón, as Gándaras, Avenida das Américas, Fontiñas, Fonte dos Ranchos, a Abella e Garabolos, mellorando tamén as frecuencias coa zona centro. “Contaremos con 6 liñas que partirán de distintas zonas da cidade e rematarán no HULA, permitindo que a maior parte da veciñanza teña transporte directo ao hospital”, segundo explicou Rubén Arroxo. As pantallas ubicaranse nas seguintes paradas: Ronda da Muralla (altura porta Santiago), Ronda da Muralla (altura Sindicatos), Ronda da Muralla nº 25, Ronda da Muralla nº 98, Ronda da Muralla nº121, Ronda da Muralla (altura fogar de Santa María), Lamas de Prado nº 118, Piscina As Pedreiras, Afonso X (cruce con Estrada da Granxa), Avenida da Coruña nº2, Avenida da Coruña a carón do cruce do alto de Garabolos, Avda da Coruña nª129, Camiño Real nº116, Salvador de Madariaga, Montero Ríos nº1, Ronda das Fontiñas nº125, Avda. Adolfo Suárez nº2, Avenida Infanta Elena (altura As Termas), HULA, Calzada das Gándaras (altura Residencia), Rúa da Industria (Ceao). O sistema permitirá tamén coñecer datos como frenadas bruscas, velocidade, control de consumo dos vehículos, incidencias de circulación etc
Os distintos barrios melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos cando entren en funcionamento as novas liñas.
Nos polígonos do CEAO e das Gándaras mellorarase tamén as conexións, quedando ambas áreas industriais co barrio de Fontiñas e o sur da cidade, cun total de seis liñas que entre os seus percorridos inclúen a unha das zonas industriais e dúas que pasan por ambas, unindo as áreas industriais de xeito directo con zonas como Fingoi, o Campus Universitario, Fontiñas, Magoi, Avenida das Américas e coa zona centro, pasando moitas destas liñas pola Ronda da Muralla. Ao mesmo tempo, a zona rural manterá o servizo contando con catro liñas de transporte público.
Tarxeta Cidadá
“Queremos que as veciñas e veciños de Lugo aposten pola Tarxeta Cidadá para utilizar o bus urbano” afirmou Rubén Arroxo, que explicou, “o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou incluso 0,31 no caso de ter dereito a algunha bonificación, pagando só 0,19€ se se realiza un transbordo”. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.
Prezo do transporte urbano
Cidade |
Prezo ordinario |
Ávila |
0,55 |
Ceuta |
0,62 |
LUGO |
0,64 |
Palencia |
0,65 |
Segovia |
0,65 |
Mallorca |
0,80 |
Teruel |
0,83 |
Ourense |
0,85 |
Zamora |
0,90 |
Soria |
0,90 |
Melilla |
0,90 |
Xaén |
1,00 |
Huesca |
1,00 |
Guadalaxara |
1,05 |
Murcia |
1,05 |
Almería |
1,05 |
Salamanca |
1,05 |
Cáceres |
1,10 |
Albacete |
1,10 |
Cidade Real |
1,10 |
Cádiz |
1,10 |
Huelva |
1,10 |
Santander |
1,10 |
Burgos |
1,20 |
A Coruña |
1,20 |
León |
1,20 |
Badaxoz |
1,20 |
Castellón |
1,20 |
Cuenca |
1,20 |
Oviedo |
1,20 |
Lleida |
1,25 |
Girona |
1,25 |
Córdoba |
1,30 |
Málaga |
1,30 |
Madrid |
1,30 |
Pamplona |
1,35 |
Bilbao |
1,35 |
Vitoria |
1,40 |
Valladolid |
1,40 |
Sevilla |
1,40 |
Toledo |
1,40 |
Zaragoza |
1,40 |
Granada |
1,40 |
Gran Canaria |
1,40 |
Alacant |
1,45 |
Tarragona |
1,50 |
Valencia |
1,50 |
Donostia |
1,85 |
Barcelona |
2,40 |
Tenerife |
Segundo Ruta |
Lanzarote |
Segundo Ruta |