Cultura coloca unha imaxe de Isidro Novo na biblioteca municipal
A edil Maite Ferreiro visitou a biblioteca xunto con familiares do poeta
Maite Ferreiro: “quixemos homenaxear a Isidro Novo polo seu traballo pola lingua e a cultura galega”
Lugo, 26 de marzo de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou esta mañá a biblioteca municipal Isidro Novo, onde se vén de colocar unha imaxe do poeta lucense. A edil de Cultura estivo acompañada do Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e de familiares do poeta.
Maite Ferreiro explicou que “desde a Tenencia de Alcaldía queremos facer unha homenaxe a un autor que fixo moito traballo a favor da lingua e da cultura galega”, e destacou a figura de Isidro Novo como “referente literario de Lugo”.
A obra de Isidro Novo contan con 21 libros escritos por el, aos que se suman 17 colaboracións con outros autores. Na súa obra destacan a narrativa e a poesía, xéneros aos que se suman a tradución e o ensaio.