Rubén Arroxo visita a feira da cervexa artesá da praza Horta do Seminario
veciñanza de Lugo poderá probar até 90 tipos de cervexa artesá entre hoxe e o domingo
A mostra está organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns
Lugo, 02 de setembro de 2022. Rubén Arroxo, acompañado de concelleiros das áreas da Tenencia de Alcaldía asistiron á inauguración da feira da cervexa artesá que comezou hoxe na praza Horta do Seminario. “Esta mostra permitirá á veciñanza de Lugo desfrutar de cervexas artesás de distintas partes de Galiza e do estado, descubrindo esta forma de producir cervexa e os distintos estilos”, declarou Rubén Arroxo.
A mostra estará ata este domingo, en horario de 12 a 20 horas. A veciñanza que se achegue poderá desfrutar de diversas actividades, como catas, actuacións musicais e obradoiros, ademais de contar coa presenza de distintos food trucks. Está organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e contar coa presenza de cinco marcas de cervexa artesá producidas na Galiza, entre as que se atopa a lucense Bubela.