Rubén Arroxo visita a praza da Mosqueira, onde se vén de colocar o céspede das zonas verdes

Arroxo: “continuamos avanzando para rematar a humanización da Mosqueira, unha mostra de como gañar espazo peonil arredor da muralla”

A veciñanza poderá desfrutar nas vindeiras semanas da praza da Mosqueira, totalmente renovada

Rubén Arroxo visita a praza da Mosqueira, onde se vén de colocar o céspede das zonas verdes

Lugo, 21 de maio de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e persoal técnico municipal visitaron a Mosqueira onde se colocou o céspede das zonas verdes. Rubén Arroxo destacou que “damos un paso máis para rematar a humanización da Mosqueira, unha actuación que será un exemplo de como gañar espazo peonil arredor da Muralla”.

Os traballos na praza da Mosqueira que se están a executar nestas semanas consisten na habilitación das zonas verdes. Nos últimos días colocáronse tamén as árbores ornamentais, Prunus globosa, unha especie que non produce alerxias, e permitirá que a Muralla manteña o protagonismo na praza

A nova praza da Mosqueira será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O proxecto foi realizado co obxectivo de avanzar na mellora da percepción visual da Muralla, e a zona inferior, próxima á porta de San Pedro, conta cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas.

A Mosqueira acollerá unha estatua dunha polbeira, elaborada polos artistas locais Honorio e Jorge Espiral, esta intervención será unha homenaxe a todas as polbeiras que se colocaban nesta zona cada feira de San Froilán. A estatua representará un anaco da historia de Lugo e lembrará a todas as mulleres que realizaban este traballo

3 anexos

 

 

Rubén Arroxo visita a praza da Mosqueira, onde se vén de colocar o céspede das zonas verdes