O Goberno de Lugo renova o asfalto do Camiño das Regas e da Pista da Fervedoira

Alexandre Penas: “continuamos a avanzar na atención aos barrios e zonas periurbanas”

O concelleiro de Infraestruturas destacou que “damos continuidade ás xa realizadas ”

O Goberno de Lugo renova o asfalto do Camiño das Regas e da Pista da Fervedoira

Lugo, 20 de maio de 2022. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, anunciou que se están a executar os traballos de renovación de dous viais na contorna da Fervedoira. “Trátase dunha actuación que complementa ao traballo executado nos últimos meses, co obxectivo de avanzar na renovación integral desta zona de Lugo”, explicou Alexandre Penas. O Goberno de Lugo está a actuar na pista da Fervedoira e no Camiño das Regas

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez realizados estes traballos, renovarase a sinalización horizontal da zona.

"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas", afirmou Alexandre Penas, que engadiu “desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven”.

 
 
 
O Goberno de Lugo renova o asfalto do Camiño das Regas e da Pista da Fervedoira