REMATAR A REHABILITACIÓN DA TINERÍA, PROTEXER O PARQUE DO RATO E ASUMIR AS FUNCIÓNS QUE DELEGAN NOS CONCELLOS SON AS PRINCIPAIS RECLAMACIÓNS DO PORTAVOZ DO BNG ANTE O CONSELLO DA XUNTA QUE SE CELEBRA HOXE EN LUGO

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que cumprir cos compromisos pendentes con Lugo"

Rematar a rehabilitación da Tinería, protexer o parque do rato e asumir as funcións que delegan nos concellos son as principais reclamacións do portavoz do BNG ante o consello da Xunta que se celebra hoxe en Lugo

Arroxo: "A creación do Gran Parque Central pode crear un espazo peonil de máis de 27.000 metros cadrados, case 3 hectáreas"

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que cumprir cos compromisos pendentes con Lugo"

 

 

Lugo, 12 de maio de 2025. O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que o Consello da Xunta que se celebra hoxe na cidade "é unha oportunidade para que o Partido Popular asuma os retos pendentes que ten coa cidade". Arroxo destacou que "é hora de desbloquear cuestións que levan anos pendentes, como o barrio da Tinería, que leva 16 anos paralizado, e avanzar na mellora dos espazos públicos, garantindo a protección do parque do rato ante a destrucción proxectada coa Rolda Leste".

O portavoz do BNG afirmou que "a Xunta tamén ten que asumir as competencias que lle son propias e que cubrimos desde os concellos, o que supón un gran esforzo tanto económico como administrativo", e puxo o exemplo nas escolas infantís de 0 a 3 anos, nas que o Concello de Lugo realiza un investimento anual superior a 1.5 millóns de euros para cumprir cunha competencia,que é da Xunta de Galiza, ou os comedores escolares "outra cuestión que a Xunta deixa en mans dos concellos".

Rubén Arroxo reclamou á Xunta que "pense no futuro de Lugo" e reclamou avances no futuro uso do espazo da Estación de Autobuses unha vez rematen as obras da intermodal. Arroxo lembrou a proposta do Gran Parque Central de Lugo proposto polo BNG "recollendo o testemuño do consenso que sempre houbo entre a veciñanza para esta praza". Arroxo propuxo a creación "dun paso soterrado para vehículos" que una a rúa Dinán e a avenida Anxo López Pérez "eliminando na práctica o tráfico rodado, e permitíndonos contar cun novo espazo peonil de máis de 27.000 metros cadrados, case 3 hectáreas en total nun gran espazo peoonil que comeza na propia Muralla"

A creación do Grande Parque Central no espazo de máis de 6.500 metros cadrados que agora ocupa a Estación de Atobuses creará en Lugo un gran nucleo verde a carón do centro da cidade, cunha extensión de máis de 27.000 metros cadrados contando con áreas de xogo infantil, un gran centro cultural como é o Vello Cárcere e lugares de convivencia.

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que cumprir cos compromisos pendentes con Lugo"