O EDIL DE INFRAESTRUTURAS URBANAS, ALEXANDRE PENAS, INFORMOU QUE PARA O DESENVOLVEMENTO DOS TRABALLOS, A RÚA TERÁ QUE SER CORTADA AO TRÁFICO ENTRE O 5 E O 8 DE XULLO
A Tenencia de Alcaldía actuará no pavimento da rúa Montero Ríos
O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que para o desenvolvemento dos traballos, a rúa terá que ser cortada ao tráfico entre o 5 e o 8 de xullo
Penas: "Seguimos traballando na mellora das vías da cidade, cunha intervención moi necesaria nunha rúa que presenta un importante estado de desgaste"
Lugo, 30 de xuño de 2024. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o vindeiro venres 5 de xullo comezarán os traballos de renovación do pavimento en distintos puntos da rúa Montero Ríos. Penas afirmou que esta intervención é importante "debido a que esta rúa mostra un avanzado estado de desgaste en diferentes puntos, polo que se fai precisa unha actuación que garanta o bo estado dos puntos que amosan máis desgaste".
Alexandre Penas explicou que "para realizar estes traballos é preciso unha previsión meteorolóxica favorable durante varios días para permitir que o novo asfalto asente e a intervención sexa duradeira", e anunciou que nos vindeiros días se sinalizará o itinerario alternativo "para que as veciñas e veciños da zona non perdan o acceso á súa rúa".
O concelleiro de Infraestruturas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", explicou Alexandre Penas, que engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".