A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na Rolda das Fontiñas

Arroxo anunciou que se substituirán 69 farolas de vapor de sodio por luminarias LED, aforrando máis de 55.000 kWh

Arroxo: “seguimos traballando para que a totalidade da rede de alumeado público de Lugo sexa eficiente, reducindo o gasto en consumo eléctrico do concello”

A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na Rolda das Fontiñas

Lugo, 11 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que vén de comezar unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal na Rolda das Fontiñas. “Desde a Concellería de Infraestruturas continuamos a avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Rubén Arroxo.

En total, renovaranse 69 luminarias que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, explicou Rubén Arroxo.

O consumo enerxético anual do Concello de Lugo verase reducido en 55.483 kWh, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. O Tenente Alcalde lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.

 
A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na Rolda das Fontiñas