Rubén Arroxo: “Lugo non pode quedar fóra do corredor atlántico de mercadorías”
O candidato do BNG afirmou que “a inclusión de Lugo no trazado permitirá avanzar na necesaria renovación das infraestruturas, favorecendo ao transporte de mercadorías pero tamén ao transporte de persoas”
“Desde o BNG continuaremos traballando para que Lugo conte cuns servizos ferroviarios dignos”, afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 10 de marzo de 2023. O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou que Lugo sexa incluído dentro do Corredor Atlántico de Mercadorías da Unión Europea. Arroxo afirmou que incluír a Lugo dentro deste trazado “non só facilitará o transporte de mercadoría, senón que permitirá avanzar nunha renovación das infraestruturas ferroviarias que Lugo precisa desde hai moitos anos”.
“Lugo é a cidade peor conectada por en ferrocarril de Galiza”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou que “a inclusión do trazado León-Monforte-Lugo-Betanzos-
Entre as reclamacións da campaña Lugo Quere Tren, posta en marcha polo BNG e que durante o 2022 mobilizou a milleiros de veciños e veciñas de Lugo, figuran a modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos, "o que permitiría dar un paso adiante na conexión de Lugo co resto de Galiza", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela".