ARROXO DESTACOU QUE O COMERCIO LOCAL É UN SECTOR ESTRATÉXICO "TANTO DESDE O PUNTO DE VISTA ECONÓMICO COMO DA CREACIÓN DE EMPREGO"
A Tenencia de Alcaldía colabora coa Volta á Casa, que achega o comercio local ás rúas
Distintos comercios da cidade manterán abertos postos de venta na rúa durante todo o día
Arroxo destacou que o comercio local é un sector estratéxico "tanto desde o punto de vista económico como da creación de emprego"
Lugo, 06 de setembro de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, achegouse ata a praza Maior onde distintos comercios de Lugo puxeron en marcha a volta á casa, que conta coa participación de máis de medio cento de locais da cidade.
Arroxo, que visitou os postos xunto co presidente da asociación de comerciantes promotora do evento, destacou que o comercio local é un sector estratéxico "tanto desde o punto de vista económico como da creación de emprego".
Durante toda a xornada, máis de 50 comercios da cidade abrirán postos de venta na rúa, en horario de 10:30 a 20:30, con distintas ofertas para todas as persoas que se acheguen. A Tenencia de Alcaldía e a asociación promotora do evento buscan con esta actividade dar comezo á campaña de primavera nas distintas tendas da cidade, e atraer á veciñanza para que realice as súas compras no comercio de proximidade.