O VINDEIRO DOMINGO, DÍA INTERNACIONAL PARA A PREVENCIÓN DO SUICIDIO, AS SALAS MUSEÍSTICAS MUNICIPAIS REPARTIRÁN INFORMACIÓN SOBRE O TELÉFONO DE ATENCIÓN Á CONDUCTA SUICIDA

A Tenencia de Alcaldía únese á campaña Chama á vida do Ministerio de Sanidade

O vindeiro domingo, día internacional para a prevención do suicidio, as salas museísticas municipais repartirán información sobre o teléfono de atención á conducta suicida

Cristina López, concelleira de Participación: "a nivel mundial suicídanse preto de un millón de persoas ao ano, unha cada 40 segundos, as institucións temos a obriga de garantir a mellor atención á saúde mental"

A Tenencia de Alcaldía únese á campaña Chama á vida do Ministerio de Sanidade

 

Lugo, 06 de setembro de 2023. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo se unirá á campaña Chama á vida do Ministerio de Sanidade coincidindo coa celebración, o vindeiro domingo 10, do día mundial para a prevención do suicidio. Cristina López explicou que "as salas museísticas municipais achegarán información sobre o 024 a todas as persoas que as visiten este domingo".

A liña 024 de atención á conducta suicida presta axuda ás persoas con pensamentos, intencións ou risco de conducta suicida, ademais de atender tamén a familiares e achegados. Non é unha alternativa á consulta cun profesional da saúde mental, mais está pensada para prestar atención a todas as persoas que o precisen,a chegando contención emocional por medio da escoita activa por parte de profesionais. Trátase dun teléfono gratuíto, confidencial e dispoñible as 24 horas do día os 365 días do ano.

Desde o ano 2003, a Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio en colaboración coa OMS, promoven a celebración do 10 de setembro como Día Mundial para a Prevención do Suicidio, co obxectivo de concienciar a nivel mundial de que é posible previr o suicidio. Cristina López explicou que "a nivel mundial suicídanse preto de un millón de persoas ao ano, unha cada 40 segundos", e engadiu "as institucións temos a obriga de garantir a mellor atención á saúde mental"

A Tenencia de Alcaldía únese á campaña Chama á vida do Ministerio de Sanidade