A Tenencia de Alcaldía comeza a traballar para que Lugo sexa capitalidade europea da cultura no 2031

undefined

Maite Ferreiro: “esta iniciativa permitirá situar a Lugo como unha das cidades máis importantes no eido cultural a nivel internacional”

Desde o ano 1985, cidades como París, Berlín, Liverpool, ou Marsella foron galardoadas con este recoñecemento

A Tenencia de Alcaldía comeza a traballar para que Lugo sexa capitalidade europea da cultura no 2031

Lugo, 25 de febreiro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a Tenencia de Alcaldía está a traballar na candidatura de Lugo como Capital Europea da Cultura no ano 2031, ano no que unha cidade do Estado español acollerá este recoñecemento. Maite Ferreiro explicou que “Lugo conta cunha importante programación cultural ao longo do ano, que nestes anos non deixou de mellorar e acoller tanto traballo de creadoras e creadores pequenos, dando gran peso á creación local, como produccións recoñecidas con diversos premios a nivel galego, estatal e internacional”.

Maite Ferreiro afirmou que “Lugo cumpre cos requisitos para converterse na Capital Europea da Cultura, un recoñecemento que permitirá continuar a desenvolver a vida cultural na cidade e mostrar ao mundo o modelo que aplicamos desde a área de Cultura”. Ademais, Ferreiro destacou que “este recoñecemento permitirá tamén aumentar o atractivo turístico de Lugo, mellorando aínda máis o posicionamento de Lugo para todas as persoas que busquen consumir cultura de calidade nas súas vacacións”.

O Consello e o Parlamento Europeo conceden o recoñecemento a una o dos cidades europeas, que durante un ano teñen a posibilidade de amosar o seu desenvolvemento e a súa vida cultural, dando máis recoñecemento a nivel internacional ás mesmas. Ata o momento, máis de 60 cidades ao longo de toda a Unión Europea acolleron este recoñecemento, no caso de Lugo saír escollida como a Capital Europea da Cultura do 2031, compartiría este galardón con cidades como París, Berlín, Liverpool, Marsella, Xénova ou Dublín. No ano 2031, o Estado español e Malta acollerán as dúas capitalidades europeas da cultura.

A Tenencia de Alcaldía comeza a traballar para que Lugo sexa capitalidade europea da cultura no 2031