RUBÉN ARROXO: "HABILITAMOS NOVO ASFALTO NUNHA VÍA PÚBLICA QUE PRESENTABA UN IMPORTANTE ESTADO DE DESGASTE, MELLORANDO O ACCESO DAS VECIÑAS E VECIÑOS ÁS FINCAS DA CONTORNA"
A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as zonas periurbanas cun novo asfaltado en Albeiros
Rubén Arroxo: "Habilitamos novo asfalto nunha vía pública que presentaba un importante estado de desgaste, mellorando o acceso das veciñas e veciños ás fincas da contorna"
Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Alexandre Penas, visitou xunto coa veciñanza os traballos executados no barrio
Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Alexandre Penas, visitou xunto coa veciñanza os traballos executados no barrio
26 dec. 2025 - 08:45
Lugo, 25 de decembro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, visitou o barrio de Albeiros xunto con veciñas e veciños da contorna, onde viron os traballos executados pola Tenencia de Alcaldía, onde se renovou o asfalto dunha vía municipal. Rubén Arroxo afirmou que a Tenencia de Alcaldía actuou atendendo á iniciativa veiñal "para continuar a manter en bo estado todas as vías públicas do Concello", dixo.
Os traballos consistiron na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros e renovarase a totalidade da sinalización horizontal.
Arroxo lembrou que desde a Tenencia de Alcaldía "seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza", e afirmou que "executamos a solución técnica máis axeitada a cada un dos espazos nos que intervimos, garantindo un resultado de calidade e duradeiro". Con esta intervención, a Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar os barrios da cidade, aumentando a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna.