A Tenencia de Alcaldía organiza campamentos de semana santa nas casas das linguas municipais
Maite Ferreiro: “queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos se acheguen a outras linguas de maneira lúdica”
As actividades desenvolveranse nas dúas casas das linguas municipais os días 3, 4 e 5 de abril entre as 9:30 e as 13:30
Lugo, 19 de marzo de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que as Casas das Linguas Municipais acollerán campamentos durante a semana santa. Segundo informou Maite Ferreiro, “queremos facilitar a conciliación ás familias ao mesmo tempo que achegamos ás nenas e nenos a outras linguas de maneira lúdica”.
As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse os días 3, 4 e 5 de abril, entre as 09:30 e as 13:30. Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico entre o 27 de marzo ás 10:00 e o 30 de marzo ás 14:00 coa Casa das Linguas na que se desexe solicitar a praza, no enderezo [email protected] para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo [email protected]
Un total de 30 prazas, 15 en cada unha das casas das linguas, outorgaranse por orde de inscrición, e a listaxe de admitidos será publicada na tarde do 30 de marzo, cando se abrirá o prazo para entregar a documentación necesaria para formalizar a inscrición.