Traballaremos para buscar os recursos económicos para a peonalización da ronda da Muralla
O voceiro do BNG Asembleas Abertas agradeceu a todos os grupos o apoio á esta iniciativa irreversible e que abre un novo espazo para Lugo
A asignación de partidas orzamentarias para a execución da obra neste ano será un dos obxectivos dos grupo do BNG Asembleas Abertas para os vindeiros días
Lugo, 29 de abril 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas agradeceu a todos os grupos o apoio á esta iniciativa irreversible e que abre un novo espazo para Lugo e engadiu que a partir de hoxe traballaremos para buscar os recursos económicos para a peonalización da ronda da Muralla. Arroxo dixo que o acordo plenario hai que materializalo e para eso hai que asignar unha partida económica para a redacción do proxecto e a licitación da obra. Arroxo lembrou que os orzamentos municipais aínda non están aprobados mais no proxecto inicial aprobado hai partidas das que se poden detraer fondos para acometer esta actuación.
Rubén Arroxo dixo que o obxectivo do BNG Asembleas Abertas será o de facer que se materialice o acordo plenario faremos seguimento aos trámites e pediremos a asignación das partidas orzamentarias precisas. Arroxo non descartou a colaboración doutras administracións e sinalou que agora é o goberno municipal que ten que poñerse a traballar para cumprir o mandato do pleno e converter en realidade o que é unha demanda social. O voceiro nacionalista aclarou que o goberno municipal contará con todo o noso apoio sempre que se trate de avanzar para que Lugo sexa unha cidade do século XXI.
Un dos usos propostos dende o BNG Asembleas Abertas por que é unha necesidade na zona centro da cidade é a instalación dunha zona de ocio infantil que se adapte ás características da zona en canto ao deseño e ubicación e que conte con xogos adaptados. A zona centro da cidade non conta con zonas de ocio para absorber toda a demanda existente e unha nova zona de xogo nas inmediacións do centro da cidade serviría para aliviar as aglomeracións que se dan no parque infantil do Campo Castelo.
Peonalización total da ronda
Aspiramos a que, a de este ano, sexa a última volta ciclista que transite arredor da Muralla por que para vindeiras edicións xa estará toda a ronda peonalizada bromeu Rubén Arroxo que apostou, unha vez máis pola peonalización total da ronda e do interior do recinto amurallado.