IRIA CASTRO: "COMEZAREMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA ESIXIR Á XUNTA DE GALIZA A RESTITUCIÓN DA ATENCIÓN MÉDICA COMPLETA EN CASTROVERDE"

A veciñanza de Castroverde volve concentrarse esixindo ter pediatra

Na concentración estiveron presentes a deputada do BNG, Carme Aira, a concelleira por Castroverde, Iria Castro, e veciñanza de Castroverde para denunciar o abandono ao que o PP ten sometido ó centro de saúde de Castroverde

Iria Castro: "Comezaremos unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galiza a restitución da atención médica completa en Castroverde"

A veciñanza de Castroverde volve concentrarse esixindo ter pediatra

 

Castroverde, 9 de Xaneiro de 2024O BNG convocou hoxe, martes 9 de Xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. "A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde", afirmou Carme Aira.

"Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12, o que ocasiona o desprazamento ata o Hula se queren ser atendidos por un pediatra", denuncia Iria Castro.

Nesta concentración Iria Castro anunciou a recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galiza a restituír a atención médica completa no centro de saúde, "pois estamos vendo como se nos deixa sen médicos continuamente,levamos semanas sen contar con unha asistencia sanitaria normalizada,con demoras nas consultas e sen atención pediátrica". Unha situación insostible e que xoga coa saúde das persoas.

Esta campaña de recollida de sinaturas farémola deixando pregos polos locais da localidade así como facendo campañas informativas. "As veciñas e veciños de Castroverde están demostrando que non se resignan a este deterioro da sanidade pública", conclúe Iria Castro.

A veciñanza de Castroverde volve concentrarse esixindo ter pediatra