A COLECCIÓN CONSTA DE 100 PEZAS DE MÚLTIPLES ACTORES, FORMANDO UN PASEO POLA HISTORIA DA ARTE E DO MUNDO

O Vello Cárcere acolle a exposición Colección Aitor Merino, que conta con 100 pezas de distintos estilos

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, inaugurou esta tarde a exposición, que se poderá visitar no Vello Cárcere ata mediados de setembro

O Vello Cárcere acolle a exposición Colección Aitor Merino, que conta con 100 pezas de distintos estilos

  

Lugo, 09 de xuño de 2021. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza no MIHL a exposición Colección Aitor Merino, que conta con máis de 100 pezas de distintos autores e estilos, que exploran a historia da arte e do mundo.

Maite Ferreiro explicou que "é unha colección que conta con moito debuxo, e polo tanto con moita expresión", e engadiu "cada unha das obras, pacientemente seleccionada,  ten por detrás unha historia de desexos, admiracións, ou observacións do mundo". Para Maite Ferreiro, "ver esta exposición é dar un paseo pola historia grazas ás temáticas diversas que trata".

A mostra, que se poderá visitar ata mediados de setembro nas celas de home do Vello Cárcere, consta dunha selección de fotografías e debuxos en distintas técnicas (grafito, pasteis, acuarela, carboncillo, óleos, etc) dos seguintes autores: Ouka Leele, Joan Matamala i Flotats, Carlos Asensio, Bernardí Roig, José Pérez Ocaña, Joaquim Muntañola, Francesc Domingo, Santiago Ydáñez, Eduardo Arroyo, Joaquín Mir y Trinxet, Josep Ministral Agustí, Rafael Barradas, Francisco Bores, Aurelio Arteta, Rosalía Varela, Baldomero Romero Ressendi, Francisco Iturrino, Maruja Mallo, Salvador Dalí, Ramón López Morelló, Xavier Bartomeus, Ramón Palmarola Romeu, André Moïse Weismann, Ángel Díaz Huertas, Luis Eduardo de la Rocha, Emilio Sala Francés, Jordi Curós Ventura, Ricardo Urgell Carreras, Alexandre Crespo López, Ricardo Baroja, Francesc Labarta, Alfredo Opisso Cardona, Vicente Escudero, Alexandre Cirici Pellice.

O Vello Cárcere acolle a exposición Colección Aitor Merino, que conta con 100 pezas de distintos estilos