Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

Rubén Arroxo

O Tenente Alcalde respostou ás declaracións do portavoz Popular, Antonio Ameijide, sobre o plan de mobilidade

 

“O PP formou parte da elaboración das novas liñas, se tiñan algunha dúbida, deberían telo dito durante o proceso”, afirmou Rubén Arroxo

 

Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

Lugo, 09 de decembro de 2020. Rubén Arroxo saiu ao paso das acusacións do Partido Popular, por voz de Antonio Ameijide en relación á desvinculación dos percorridos do bus e do plan de mobilidade. O Tenente-Alcalde sinalou que "o vicevoceiro do PP solo pretende crear unha alarma estéril e infundada a través da prensa, e este é unha das artimañas do grupo da oposición pero non deben sementar dúbidas en calquera caso"

As subvención que proveñen do estado para o funcionamento do servizo de transporte público sempre foron tramitadas seguindo o procedemento regulado e, en calquera caso, "o sr. Ameijide formou parte da mesa de transportes en todas as súas reunións, e se tiña calquera dúbida debería tela posta enriba da mesa durante o proceso".

"O PP ten que decir algo sobre o funcionamento do bus, que é modélico, e non se atreve a decir que funciona ben, que gaña persoas usuarias e que acaido a Lugo" resaltou Rubén Arroxo e engadiu "busca artimañas para sair, como grupo da oposición tratando de xerar desconfianza e o sr. Ameijide préstase a este xogo a pesares de saber que non é certo"

Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”