A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE DE 20 A 21 HORAS E TERÁ ENTRADA GRATUÍTA

O Vello Cárcere acollerá unha xuntanza micolóxica o vindeiro xoves

Maite Ferreiro, arquivo

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza esta actividade en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus

O Vello Cárcere acollerá unha xuntanza micolóxica o vindeiro xoves

Lugo, 21 de outubro de 2019. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, xunto coa Sociedade Micolóxica Lucense, unha xuntanza micolóxica no patio do Vello Cárcere. A actividade permitirá á veciñanza achegarse ao mundo dos fungos, e consistirá nunha explicación das especies atopadas na contorna de Lugo.

Durante a actividade, as persoas que o desexen poderán levar os seus cogomelos para resolver dúbidas e cuestións sobre a micoloxía. Ademais, expoñeranse xunto con tarxetas identificativas, os cogomelos das especies de Lugo, permitindo así dispoñer de información sobre cada unha delas.

O Vello Cárcere acollerá unha xuntanza micolóxica o vindeiro xoves