O CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS, ALEXANDRE PENAS, VISITOU A PRAZA XUNTO CON PERSOAL TÉCNICO PARA VER POSIBLES ACTUACIÓNS NA ZONA

A concellería de Infraestruturas completará a instalación do ascensor con melloras na praza da igrexa do Sagrado Corazón

Penas comprobou o avance das obras do ascensor que entrará en funcionamento a finais de novembro

A concellería de Infraestruturas completará a instalación do ascensor con melloras na praza da igrexa do Sagrado Corazón

Lugo, 17 de outubro de 2019. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, acompañado de persoal técnico, visitaron o barrio do Sagrado Corazón para comezar a traballar nas actuacións que o Concello realizará na zona. Segundo o Concelleiro de Infraestruturas, “estamos xa a planificar melloras na praza da praza da Igrexa do barrio, unha actuación amplamente solicitada pola veciñanza”.

 

Alexandre Penas informou que dende a Concellería de Infraestruturas se chegou a un acordo tras a xuntanza de Rubén Arroxo co Delegado da Xunta en Lugo para evitar que se produzan danos no entorno debido ás obras do colexio. Alexandre Penas indicou que “isto é un exemplo de coordinación entre as dúas administracións para a boa xestión dos recursos públicos”. O concelleiro nacionalista comprobou tamén o avance das obras do ascensor, das que declarou que “se ben é certo que houbo diversos problemas, o ritmo de execución actual é o correcto, polo que contamos ter esta actuación rematada a finais de novembro”

 

Con estas intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballará para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

A concellería de Infraestruturas completará a instalación do ascensor con melloras na praza da igrexa do Sagrado Corazón