Volta o Mercado Tradicional de Entroido ao soto da Praza de Abastos

Cristina López: “o Mercado Tradicional de Entroido é unha das datas nas que máis persoas se achegan ás instalacións da Praza de Abastos”

A concelleira de Participación, xunto con Rubén Arroxo e Felipe Rivas, visitaron esta mañá a actividade

Volta o Mercado Tradicional de Entroido ao soto da Praza de Abastos

Lugo, 25 de febreiro de 2022.   O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da Praza de Abastos e do Mercado Municipal, Cristina López, e Felipe Rivas, concelleiro de Educación, visitaron o soto da Praza de Abastos, onde se retomou a celebración do Mercado Tradicional de Entroido. “O Mercado Tradicional de Entroido é unha das datas nas que máis persoas se achegan á Praza de Abastos a desfrutar dos productos de primeira calidade que se comercian nesta instalación”, explicou Cristina López.

Cristina López destacou a boa acollida por parte da veciñanza do Mercado Tradicional despois da reforma do soto da Praza de Abastos. A concelleira destacou que os traballos executados permitiron “mellorar as instalacións e aumentar a calidade calidade do Mercado Tradicional, continuando co obxectivo de dinamizar a praza de Abastos".

 

"Os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía", afirmou Cristina López, que engadiu "o mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores".

 

A concelleira de Participación lembrou que "desde o Goberno de Lugo continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza opte por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

Volta o Mercado Tradicional de Entroido ao soto da Praza de Abastos