LOIS PÉREZ PRESENTOU O ACTO, QUE CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE LUZ DARRIBA, JULIETA INSAGARAY, KIKE DE VIDAL E LEO ZORDÁN

Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título 'Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán'

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asistiron á 15 edición do espazo organizado pola AELG no Vello Cárcere

Lois Pérez presentou o acto, que contou coa participación de Luz Darriba, Julieta Insagaray, Kike de Vidal e Leo Zordán

Ferreiro destacou "a implicación do Concello de Lugo na defensa de Palestina"

Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título 'Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán'




Lugo, 07 de outubro de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron á 15º edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán que se realizou no Vello Cárcere baixo o título 'Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán'. Maite Ferreiro destacou "as múltiples accións que desde a área de Cultura estamos a realizar para visibilizar a defensa do pobo palestino durante as festas". As pantallas dos escenarios proxectan a bandeira de Palestina na previa dos concertos e o Vello Cárcere mantén tamén unha bandeira colgada. Ademais, distintas rúas do centro contan con elementos decorativos que fan referencia a Palestina, "na defensa dun pobo que está a ser sometido a un xenocidio", afirmou Ferreiro.

A nova edición da Letra das Festas foi presentada por Lois Pérez, e contou coa participación da artista multidisciplinar Luz Darriba, a profesora Julieta Insagaray, Kike de Vidal e o cociñeiro Leo Zordán, e contará coa ambientación musical de Yadim Yukhnevich.

O programa do San Froilán continúa hoxe con máis actividades, con dous espectáculos infantís (a instalación de realidade aumentada Steam Pinballs, ás 16:00 na carpa do San Froilán Miúdo e Crunch 2, da compañía Muu, ás 18:30 na carpa do San Froilán Miúdo). A animación musical contará con pasarrúas en distintas zonas da cidade, mentres que o escenario de Santa María acollerá a Zarandela e Irmaus da Raia Seca, mentres que na Mosqueira estarán Vrasica e Untides.

Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título 'Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán'