FERREIRO: "O SAN FROILÁN CONVERTE AS RÚAS DE LUGO NUN GRAN MOSTRADOR DA ARTE FEITA EN GALIZA, TAMÉN NO EIDO DA ARTESANÍA"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan a Feira de Artesanía Gastroarte que se celebra na praza Maior por primeira vez


Gastroarte conta con 23 postos de productores tanto de artesanía de Galiza como de productos tradicionais da alimentación

Ferreiro: "O San Froilán converte as rúas de Lugo nun gran mostrador da arte feita en Galiza, tamén no eido da artesanía"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan a Feira de Artesanía Gastroarte que se celebra na praza Maior por primeira vez



Lugo, 06 de outubro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto á edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron a feira de Artesanía Gastroarte, organizada pola área de Cultura durante o San Froilán, e que por primeira vez se celebra na praza Maior, "unha ubicación de primeira para unha das actividades do San Froilán que máis visitantes reciben cada ano", explicou Ferreiro

En total, 23 postos de artesanía ou gastronomía (viños, augardentes, licores tradicionais, queixos, mel, produtos cárnicos, agricultura ecolóxica, produtos vexetais, panadería e repostaría) conforman esta feira, que se une ao ArteSanFroilán promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ubicada na praza Anxo Fernández Gómez, e que colabora en converter as rúas de Lugo "nun gran mostrador de todas as expresións artísticas galegas, incluíndo á artesanía", afirmou a edil de Cultura.

A nova ubicación é na fronte inferior da Praza Maior, onde habitualmente se coloca o bus de doazón de sangue, con 19 postos, máis outros 4 na frontal do Círculo das Artes. Gastroarte conta con empresas recoñecidas en toda Galiza, no eido da artesanía forman parte desta feira Mestura de Kores, Pincelhadas, Barro&Co, I3D Deseño Galego 3D, Suso Calo - Lobo Tolo, Moira, Senda coiro e metal, Sanín Percusión, Lia B, Eferro, Arcoiris, Chorima, Alumearte, Chueco A Coruña, Celi Fraga, Las Hijas de Lola, Vaca Tola, Sacco e Laia Zapateiros. No eido da gastronomía, atópanse 4 marcas: Caurelor, Embutidos Suarna, Mel Toxalriba e Xeoui.

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan a Feira de Artesanía Gastroarte que se celebra na praza Maior por primeira vez