RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO ASISTIRON Á 14 EDICIÓN DO ESPAZO ORGANIZADO POLA AELG NO VELLO CÁRCERE
Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título 'Historias da radio'
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asistiron á 14 edición do espazo organizado pola AELG no Vello Cárcere
Lois Pérez presentou o acto, que contou coa participación de Félix Jorquera, Lourdes Abuide, Paco Nieto e Tonina Gai
Lugo, 09 de outubro de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron á 13º edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán que se realizou no Vello Cárcere baixo o título Historias da Radio.
A nova edición da Letra das Festas foi presentada por Lois Pérez, e contou coa participación de Félix Jorquera (locutor en Radio voz), Lourdes Abuide (ex locutora en Onda Cero), Paco Nieto (locutor xubilado) e Tonina Gai (locutora xubilada).
O programa do San Froilán continúa hoxe con máis actividades, con dous espectáculos infantís (Pasmo de Pedra, de Micromina Títeres ás 17:00 diante do concello e Coa música a outra parte, de Trécola Produccións, ás 18:30 na carpa do San Froilán Miúdo). A animación musical contará cos pasarrúas de Cántigas e Frores e Biouteiro-Astelu en distintas zonas da cidade, mentres que o escenario de Santa María acollerá a Fetén Fetén (con Abya Yala de teloneiros) mentres que na Mosqueira estarán Ringdown e Kalte Sonne.