Volve a Lugo o Festival de Teatro Grecolatino que conta coa colaboración da Concellería de Educación

As estudantes dos centros de ensino da cidade poden asistir a 4 representacións de teatro grecolatino

Felipe Rivas: "pretendemos achegar, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos e cómicos"

Volve a Lugo o Festival de Teatro Grecolatino que conta coa colaboración da Concellería de Educación

Lugo, 04 de marzo de 2023. A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento colabora coa Sociedade Española de Estudos Clásicos na organización dunha nova edición do festival xuvenil de teatro grecolatino, que se celebrará en Lugo os días 6 e 7 de marzo. "Dende o concello colaboramos facilitando as entradas aos centros de ensino e cedendo o auditorio municipal Gustavo Freire para as representacións", indicou Felipe Rivas, concelleiro de Educación que engadiu "dende a concellería de educación temos a intención de achegar ao estudantado, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos ou cómicos".

O Festival de Teatro Grecolatino de Lugo é un evento creado en 2001 pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do Ensino Secundario. A convocatoria está aberta a miles de estudantes de Galiza e doutras zonas do estado acoden cada ano a este festival.

Trátase dunha actividade única no estado, que facilita que o estudantado de ensino medio teñan a oportunidade de achegarse ao teatro e gozar das obras clásicas que levan producindo sensacións no público desde hai 2.500 anos.

Cada un dos rapaces que asistan, recibirán un libro que servirá como instrumento de traballos e reflexión despois das representacións. As representacións celébranse en horario lectivo, e convídase a acudir ao estudantado de secundaria e bacharelato de toda Galiza. Cada ano cóntase coa participación de grupos de Grego e Latín de distintos centros.

Programación Festival de Teatro Grecolatino 2023

Luns 6 de marzo:

12:00 - Las Troyanas de Eurípides, Grupo Ave Fénix (A Coruña)

17:00 - Cásina de Plauto, Grupo Corzos Reunidos (A Coruña)

Martes 7 de marzo

12:00 – Agamenón de Esquilo, Grupo El Ruiseñor (Culleredo)

17:00 – El Persa de Plauto, Grupo El Ruiseñor (Culleredo)

Volve a Lugo o Festival de Teatro Grecolatino que conta coa colaboración da Concellería de Educación