A XUNTA DE GOBERNO APROBARÁ AS BASES PARA AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais

Rubén Arroxo: “desde a concellería de Infraestruturas Urbanas estamos a unificar este tipo de contratos para aforrar cartos ás veciñas e veciños”

A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais

Lugo, 28 de xullo de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de goberno de mañá aprobará a adxudicación do prego de mantemento dos edificios municipais. Segundo Rubén Arroxo, “seguindo a liña de outros contratos realizados pola concellería de Infraestruturas Urbanas, unificamos todos os traballos de mantemento dos distintos edificios municipais, o que nos permitirá aforrar cartos ás veciñas e veciños ao mesmo tempo que se realizará o mantemento dos distintos edificios de maneira máis rápida e eficiente”.

No contrato inclúense as pequenas reparacións de cubertas, albañilería, cerraxaría, carpintería, cristalería, pintura e reparacións de mobiliario de todos os edificios municipais. Segundo Rubén Arroxo, “as reparacións realizaranse como máximo dous días despois de ser notificadas á empresa, e no caso de ser urxentes deberase comezar a reparar en dúas horas”.

Axudas a Material Escolar

A Xunta de Goberno aprobará tamén as bases das axudas para libros de texto e material escolar que anualmente concede a Concellería de Educación. Arroxo lembrou que “o Concello realiza un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais é importante lembrar que as competencias en educación son da Xunta de Galiza, e desde o Concello de Lugo continuaremos a reclamar que as asuma”.

A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais