ESTE ANO ADICARASE UN PREMIO A EDUARDO OCHOA, COORDINADOR DAS 25 EDICIÓNS DO MARATÓN
O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra celebrarase o vindeiro 17 de novembro
A cita está organizada pola área de Cultura da USC e o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, e conta coa colaboración da Área de Cultura do Concello
Lugo, 06 de novembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, estivo presente no día de hoxe na presentación do XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra, “unha cita xa obrigada para todas as persoas afeccionadas á fotografía”, segundo indicou Maite Ferreiro.
O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra repartirá premios en metálico para os autores das dúas fotografías que resulten premiadas polo xurado. Entre as novidades, destaca un novo Premio adicado A Eduardo Ochoa coordinador do Maratón estes 25 anos.
A entrega de premios e inauguración da exposición das 20 millores fotografías será o 9 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Provincial, mentres que a reunión do xurado será o 18 de novembro ás 13:00 horas na Vicerreitoría.