ao
Novas

A área de Infraestruturas reforza os buses ao cemiterio o 1 de novembro

Lugo, 25 de outubro de 2019. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal o vindeiro 1 de novembro.

 

A liña entre o centro da cidade e o cemiterio terá unha frecuencia de 20 minutos, saíndo entre as 9:30 e as 19 horas da Ronda da Muralla, fronte ao edificio de sindicatos. Continuará pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.

 

Os buses de volta, terán a mesma frecuencia de 20 minutos. A primeira liña sairá do Cemiterio, continuando pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e rematará fronte ao edificio de sindicatos na Ronda da Muralla.

Ler novas
Novas

Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

Lugo, 24 de outubro de 2019. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “segundo un informe de facenda local, por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago”.

 

Cristina López indicou que dende a área de Participación se está a traballar en ofertar os postos que se deron de baixa nos últimos tempos. Un total de 13 postos na Praza de Abastos, 13 no Mercado Municipal, 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. Segundo declarou a concelleira, “na actualidade o prego está redactado e trasladado ao servizo de intervención para a súa tramitación”.

 

Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.

Ler novas