ARROXO DIXO QUE “AS DECISIÓNS QUE AQUÍ SE TOMAN AFECTANNOS ESPECIALMENTE E LUGO TEN QUE TER MÁIS PESO REAL NESTE PARLAMENTO”
Rubén Arroxo acudiu, como convidado, ao Debate sobre o Estado da Nación no Parlemento Galego
Lugo, 25 de setembro de 2019. O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acudiu á tribuna de convidados do Parlamento Galego para asistir áo debate do Estado da Nación celebrado hoxe. Arroxo fixo fincapé “nas númerosas débedas que as políticas do goberno de Feijoo deixaron con Lugo” e sinalou “a necesidade de que Lugo teña un presenza real maíor neste Parlamento”.
Arroxo apuntou que “o goberno municipal de Lugo non vai deixar de reclamar aquelas melloras que se precisen para o noso concello e para o país e non nos van valer anuncios mediaticos que nunca chegan a executarse”. Arroxo aproveirtou a visita ao Parlamento para manter un breve encontro coa voceira do BNG no Parlemento Galego, Ana Pontón, e co resto do grupo parlamentar nacionalista.