Celébrase o XXII Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que contou coa participación de 30 artistas

Eduardo Gómez Query, gañou o 1º premio cun lenzo sobre a pza. Maior; Pedro Cebrian Redondo, o 2º cun cadro sobre a Catedral de Lugo; e Rafael Carrascal García, o 3º cunha pintura sobre o río Miño e o peril do horizonte da cidade.

Maite Ferreiro: "este certame contribúe a proxectar Lugo, tanto entre os propios participantes, como a través dos cadros, que recollen moitos dos recunchos da cidade"

 

Celébrase o XXII Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que contou coa participación de 30 artistas

Lugo a 10 de xullo de 2022 Durante o día de hoxe celebrouse a XXII edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. A riqueza patrimonial sumou un ano máis atractivos coa presenza de 30 artistas nas rúas da cidade, procedentes de distintas zonas de Galiza e do resto do Estado, que inmortalizaron os distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.

O xurado, composto pola pintora Vicky Ribadulla; o representante da Escola de Arte e Deseño "Ramón Falcón" e o deseñador gráfico Iván Mouronte, escolleu como gañadores dos tres premios principais a , Eduardo Gómez Query de Chipiona - Cadiz co 1º premio (1.600€ e diploma),  Pedro Cebrian Redondo de Segovia, co 2º premio (1.100€ e diploma) e o tamén segoviano Rafael Carrascal García co 3º (900€ e diploma).

Os 5 accésit (300€ e diploma) foron para os seguintes participantes: Isabel Seidel, Abraham Pinto Mendoza, Raúl Gil Burés, Benigno Rodríguez Sánchez e Pablo Caurel Abad

En canto ao premio para o artista local, dotado de 450€ e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a M´ª Uxia Amigo de Pacual.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que o Certame de Pintura Rápida "contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes, que chegan de todo o estado, como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade". Ao acto foron convidadas integrantes de todos os grupos que compoñen a corporación municipal.

Celébrase o XXII Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que contou coa participación de 30 artistas