Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS SÚMASE A PROGRAMACIÓN DO CENTENARIO DE ULISES E O DÍA DOS MUSEOS

A área de Cultura organiza unha "intensa programación" para encher as rúas de Lugo de Cultura polo día das Letras Galegas


Á celebración do día das Letras Galegas súmase a programación do centenario de Ulises e o día dos Museos

A agrupación Claustro Música dará un concerto o día 17 a partir das 13 horas na praza Maior

A área de Cultura organiza unha "intensa programación" para encher as rúas de Lugo de Cultura polo día das Letras Galegas



Lugo, 15 de maio de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o día das Letras Galegas durante a fin de semana do 17, 18 e 19 de maio. Maite Ferreiro afirmou que "nesta fin de semana Lugo converterase nunha capital cultural a nivel europeo, dado que xunto ás actividades do día das Letras Galegas acollemos a celebración do centenario de Ulises e a celebración do Día dos Museos".

A área de Cultura organiza, o 17 de maio, un concerto gratuíto da agrupación Claustro Música, que terá lugar na praza Maior (en caso de choiva, no Vello Cárcere), e a programación musical na fin de semana continuará o sábado cos concertos de Clo Plas (18 de maio ás 12:45 no exterior do Centro Arqueolóxico de San Roque) e a portuguesa Malva (18 de maio ás 18:30 no exterior da Sala de Exposicións Porta Miñá).

A programación do Centenario de Ulises na xornada do 17 de maio terá lugar unicamente en sesión de tarde, e dará comezo ás 17:30 no Vello Cárcere, co faladoiro "Galiza e Irlanda: Do celtismo á recepción do Ulises na li na literatura actual" cos escritores Marilar Aleixandre e Felipe Senén, que debullarán, canda o dramaturgo Eusebio Lázaro, a influencia do Ulises na literatura actual. O poeta Xerardo Quintiá, de Lupercais, será o encargado do brinde poético ao remate do debate, e a partir das 22:00, o Mercado Municipal acollerá o concerto da banda Radio Océano.

A Feira do Libro de Lugo celebrará o venres 17 a súa última xornada. As 10 librerías participantes manterán o seu posto aberto en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas, e contarase con 8 actividades ao longo da xornada, tanto na carpa de actividades como nas casetas das distintas librarías:
- 11:30 Sonia Arias López asinará Los zapatos del lobo na caseta da Libraría Aguirre
- 12:00 Sara Fernández Roig asinará O bosque é a nosa casa na caseta da Libraría Trama
- 12:00 Francisco Narla asinará Onde ouvean os montes na caseta da Libraría Pedreira
- 12:30 Rober Cagiao asinará Entroido: Caza Moral e o resto das súas obras na caseta da Libraría Agrasar
- 12:30 presentación e contacontos ilustrado O reino de Libelíño con Estefanía Padullés na carpa de actividades.
- 17:30 teatro infantil: Pedras de Cartón representa a obra Moby Dick.
- 18:30 ContAZ Lengua de Signos representa A Maleta.
- 19:30 Mario Outeiro Iglesias presenta 19 (+1) escapadas polo Corgo. Guía visual do concello, acompañado por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

 

A área de Cultura organiza unha "intensa programación" para encher as rúas de Lugo de Cultura polo día das Letras Galegas