RUBÉN ARROXO E ALEXANDRE PENAS REUNÍRONSE COAS VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA "PARA TRABALLAR CO CONSENSO DA VECIÑANZA DA ZONA NUNHA NOVA ACTUACIÓN QUE PERMITIRÁ COMPLETAR A MELLORA INTEGRAL DO BARRIO DE RECATELO"

A Tenencia de Alcaldía completa a peonalización de Recatelo cunha nova actuación no Carril dos Loureiros

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse coas veciñas e veciños da zona "para traballar co consenso da veciñanza da zona nunha nova actuación que permitirá completar a mellora integral do barrio de Recatelo"

O proxecto elaborado polo Goberno de Lugo contemplará a renovación de todos os servizos soterrados, ademais do mobiliario urbano con novas zonas verdes e o alumeado, avanzando na implantación de puntos de luz LED de baixo consumo

A Tenencia de Alcaldía completa a peonalización de Recatelo cunha nova actuación no Carril dos Loureiros





Lugo, 14 de maio de 2024. O Tenente Alcalde e concelleiro responsábel de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con veciñas e veciños da rúa Carril dos Loureiros, onde amosaron o proxecto de peonalización da rúa que permitirá "avanzar mellora integral do barrio de Recatelo despois de peonalizar practicamente todas as rúas do barrio". Os edís presentaron o proxecto elaborado polo Concello despois de manter unha serie de xuntanzas coa veciñanza entre os anos 2022 e 2023.

O proxecto elaborado pola área de Mobilidade contempla a conversión desta rúa nunha plataforma única de preferencia peonil, mantendo o acceso a vehículos a baixa velocidade para residentes e carga e descarga. A renovación da rúa inclúe tamén a renovación dos servizos soterrados, como o abastecemento ou o saneamento, e a creación de novas zonas verdes para, segundo explicou Rubén Arroxo, "facilitar que haxa zonas de sombra ao longo da rúa que permitan desfrutar da zona de paseo en xornadas de calor".
Ademais, o Goberno de Lugo avanzará na instalación de alumeado LED, "garantindo un alumeado de baixo consumo e uniforme en toda a rúa", explicou o Tenente Alcalde.

A área de Mobilidade iniciará agora o procedemento de contratación para esta actuación, con previsión de aprobar o proxecto nas vindeiras 3 semanas e iniciar os traballos despois das festas do San Froilán, "reducindo así as molestias á veciñanza nas datas de maior afluencia en Recatelo", afirmou Arroxo, que engadiu "con esta actuación, Recatelo consolídase como unha importante zona de paseo entre o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza".

A Tenencia de Alcaldía completa a peonalización de Recatelo cunha nova actuación no Carril dos Loureiros