Volve a Lugo a Feira do Libro

A feira comezou co pregón a cargo da escritora Antía Yáñez

Volve a Lugo a Feira do Libro




Lugo, 13 de maio de 2024. A Praza Maior acolle un ano máis a Feira do Libro, que estará presente ata o vindeiro domingo e na que 12 librarías ofrecerán as súas obras nas casetas habilitadas. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron no acto de inauguración da Feira, que contou coa escritora Antía Yáñez como pregoeira.

Maite Ferreiro destacou que "hoxe máis que nunca é preciso defender e utilizar a lingua galega, un dereito que as galegas e galegos temos recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e na Carta Europea das Linguas".

A Feira do Libro contará con postos de venta de El Faro de Los Tres Mundos, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Agrasar, Libraría Aguirre, Libraría Biblos, Libraría Cartabón, Libraría Pedreira, Libraría Trama, Muralla de Comics e Tótem Comics. Os postos estarán abertos en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas.

Volve a Lugo a Feira do Libro