"IMOS POÑER A LUGO NO MAPA EUROPEO E DAMOS ESTE PASO XUNTO A 17 URBES, ENTRE ELAS AS GRANDES CAPITAIS ESTATAIS E CULTURAIS DO CONTINENTE, COLABORANDO COA REDE EUROPEA ULYSSES EUROPEAN ODDISEY", AFIRMOU FERREIRO

Lugo celebra o centenario de Ulises xunto con outras 18 cidades europeas entre as que se atopan París, Berlín ou Estambul, e outras


Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentaron a programación do último ano desta celebración xunto con Branca Novoneyra

"Imos poñer a Lugo no mapa europeo e damos este paso xunto a 17 urbes, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, colaborando coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY", afirmou Ferreiro

Lugo celebra o centenario de Ulises xunto con outras 18 cidades europeas entre as que se atopan París, Berlín ou Estambul, e outras



Lugo, 10 de maio de 2024.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentaron a programación do último ano da celebración do Centenario de Ulises, organizado pola rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY e que coloca a Lugo no mapa da cultura a nivel europeo capitais como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage e Estambul, entre moitas outras. A presentación contou coa participación de Branca Novneyra, representante da Fundación Uxio Novoneyra, colaboradora coa rede.

Lugo é unha das 18 cidades asociadas neste proxecto de cooperación a grande escala -o primeiro no que participa a cidade da Muralla- e que convoca outras 17 urbes europeas, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, representando cada unha un capítulo desta obra mestra da literatura universal. Este proxecto está inspirado no libro "Ulises", do escritor irlandés James Joyce, do cal se celebrou no ano 2022 o centenario da sua publicación por toda Europa, dando comezo a unha rolda de homenaxes por 18 cidades europeas que remata este ano.

A cidade de Lugo será o escenario do episodio VIII de Ulisses, Lestrygonians, no que Leopold Bloom para na sua longa andaina polas rúas de Dublin para comer.. A comida e o paseo son, por tanto, os protagonistas temáticos da interpretación lucense deste episódio. Neste sentido, Lugo é o escenario perfecto para a encarnación de Lestrygonians baixo o título: Pasear o vinho á volta da Muralla, tanto pola cantidade e calidade dos seus elementos culinarios, como pola diversidade e antiguidade do seu patrimonio cultural. Tras o éxito da primeira edición en maio de 2023, Lugo, xa coñecida como destino gastronómico no centro da gastronomía galega, acolle outro programa imperdible de fin de semana con comida, música e espectáculos, inspirado no episodio Lestrygonians do Ulises de James Joyce. Música, danza, poesía, charlas e outros actos relacionados cos deliciosos alimentos e vinos que se producen en Galiza.

Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu

 

Lugo celebra o centenario de Ulises xunto con outras 18 cidades europeas entre as que se atopan París, Berlín ou Estambul, e outras