UNHA SAÚDE E UNHA ASISTENCIA SANITARIA PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA E DE CALIDADE

UNHA SAÚDE E UNHA ASISTENCIA SANITARIA PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA E DE CALIDADE

Cristina Ferreiro (Responsable de Sanidade na Executiva do BNG da Comarca de Lugo).

Para o BNG a saúde e atención sanitaria é un dereito que os gobernos teñen que preservar, promover e potenciar. A atención sanitaria ten que ser pública, gratuíta, universal, accesible  e de calidade. Estes son os alicerces dunha sociedade máis xusta e igualitaria para tod@s sen importar a orixe, condición económica, idade ou xeito de vida. E dende esa convicción irrenunciable traballamos, reivindicamos e expoñemos as nosas propostas en materia sanitaria. Mágoa que esta non sexa a filosofía nin a ideoloxía de quen ten responsabilidades na materia tanto no goberno do Estado como no goberno da Xunta, é dicir o PP. Nos anos 2009 -2013 recortaron 568 millóns de euros poñendo como desculpa a crise, agochando a súa verdadeira intencionalidade, que é lucrativa e facer da saúde e da asistencia sanitaria materia de mercadoría converténdoa en fonte de negocio privado. A actual conselleira do PP é unha boa representante xa que traballou nun establecemento privado da mesma empresa que Povisa. Se ata de agora foron facéndoo de xeito solapado agora xa sen ambaxes mostran a súa ideoloxía de tronzar a sociedade en ricos e pobres, en unha sanidade para quen teña cartos e unha atención de beneficencia para quen non poida pagar.

Para o BNG a Atención Primaria = Centros de saúde e os Puntos de Atención Continuada (centros de urxencias ) son o eixo fundamental do Sistema Público  Galego de Saúde. Son a porta de entrada onde máis se garante a accesibilidade, equidade e uso racional dos recursos con continuidade e de xeito integral sendo o centro @s usuari@s.  Por iso cando tivemos responsabilidades de goberno na Xunta puxemos en marcha o "Plan de Mellora da Atención Primaria" que o PP tirou o lixo e empezou co "Plan de recortes, devastación e proxecto de privatización paulatina da Atención Primaria" e os feitos remitímonos:

*Os orzamentos dende 2009 a 2012 merman 188 millóns de euros.

*O abandono do "Plan de Mellora da Atención Primaria" supuxo non construír novos Centros de Saúde o que incide  na accesibilidade a saúde e a atención sanitaria.

*Non substitucións dos profesionais o que provoca atrasos nas citas e masificación na atención.

*Non se fai inversión en recursos materiais, humanos e tecnolóxicos .

*Peche de unidades de Saúde e outros que están en estudo tanto Centros de Saúde como Puntos de Atención Continuada (centros de urxencia).

A Atención Especializada, tanto a Hospitalaria como a de Consultas Externas dentro do Sistema Público Galego de Saúde,  ten que ser áxil, accesible e dar unhas prestacións de calidade que garantan un diagnóstico veraz, un tratamento axeitado para a mellor curación, recuperación , rehabilitación e integración das persoas  a súa vida cotiá.

Na comarca de Lugo contamos dende hai 2 anos cun novo hospital que reivindicamos dende finais dos anos 80. Tiñamos grandes esperanzas que cubrira aqueles servizos que o BNG demandou e que por desgraza temos que seguir demandando pois as promesas non se cumpriron. Servizos de vital importancia para @s usuari@s  que teñen que percorrer kilometros para facer probas ou recibir tratamentos . Ou ter un diagnostico tardio, ou non ter unha segunda oportunidade como é o caso do Servizo de Hemodinámica no que o tempo é de VITAL transcendencia.

Falamos dos servizos prometidos como son: Radioterapia, Mediciña Nuclear e Hemodinámica. No Hospital de San Cibrao (HULA) están os locais rotulados pero baleiros. Namentres os recortes na Atención Especializada foron de 22 millóns de euros. Iso si, no Hospital de Lugo seguen pechadas 210 camas e @s  enferm@s seguen derivándose a establecementos privados, así no ano 2011 a atención en centros privados costounos 27.355.350 euros = 4.320.000.000 pts.

No ano 2012 fixeron que pagásemos por equipamento electromédico (existe servizo no hospital) = 33.892.225 euros

Pola dixitalización das Historias  = 2.953.220 euros

A Establecementos privados (sanatorios), na provincia e fora dela arredor de 500.000 euros ao MES = 1.000.000.000 pts.

Sirva de exemplo para mostrar o interese que ten o partido que goberna pola defensa e investimento na asistencia sanitaria pública na que van reducir a súa actividade, a creación de novas infraestruturas e seguir coa introdución do capital privado multiplicando por catro o seu custo.

As súas medidas de recortes sobrecargan as economías  das familias, provocan desigualdade e  vehicualizan os efectos adversos sobre os máis desfavorecid@s:

* Pago farmacéutico para @s pensionistas, tendo en conta que as retribucións por as pensións son as máis baixas do Estado.

*Eliminación de moitos fármacos : mucolíticos, antidiarreicos, desconxestivos, etc. Cando para enfermos crónicos son vitais para manter unha mínima calidade de vida.

* Suprimen produtos dietéticos e suplementos, imprescindibles para persoas con problemas de alimentación polas diversas patoloxías.

*Deixan sen cobertura sanitaria @s maiores de 26 anos que non teñan cotizado.

*Pago do trasporte sanitario non urxente, persoas que van a diálises, rehabilitación, quimioterapia ou outras necesidades que xurdan a persoas coa mobilidade reducida.

*Pago de ortoprotésica e de axuda a mobilidade (muletas, cadeiras de rodas, andadores, collarins, etc).

Non é pouco pero están en estudo máis medidas polo mesmo camiño e dende o BNG apelamos @s veciñ@s e á sociedade para que se defenda a sanidade pública. Non nos podemos resignar e temos que revelarnos e loitar contra o desmantelamento do estado de benestar que construímos tod@s e que tanto nos costou . O BNG está nesa loita pero ten que ter detrás os homes e mulleres que cren nunha sociedade, nunha Galiza libre, xusta e igualitaria. Por UNHA SAÜDE E UNHA ASISTENCIA SANITARIA PÚBLICA, UNIVERSAL , GRATUITA E DE CALIDADE.

UNHA SAÚDE E UNHA ASISTENCIA SANITARIA PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA E DE CALIDADE