ANA ERMIDA ALERTA DE QUE EN GALIZA XA HAI MÁIS PENSIONISTAS E PARADOS QUE TRABALLADORES ACTIVOS

ANA ERMIDA ALERTA DE QUE EN GALIZA XA HAI MÁIS PENSIONISTAS E PARADOS QUE TRABALLADORES ACTIVOS

“As políticas do Partido Popular empobrecen aos pensionistas e enriquecen aos bancos”

 O BNG comprométese a aumentar o complemento autonómico das pensións non contributivas

Riotorto, 10 de outubro de 2012. A candidata número 3 do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Lugo, Ana Ermida, alertou, nun mitin en Riotorto, de que “en Galiza xa hai Acto público en Riotortomáis pensionistas e parados que traballadores en activo. A proporción entre cotizantes e pensionistas caeu a niveis de 2009 tralas reformas do Partido Popular ao fronte da Xunta e do Goberno do Estado que enfatizaron as consecuencias da crise no mercado laboral, na recadación de impostos e na caixa das pensións. Este desfase faise máis evidente nunha provincia como Lugo, caracterizada polo envellecemento da poboación, onde menos dun cento de traballadores cotizan para máis de 150 perceptores de prestacións”.

 “Reformas como a suba do IVE ou o copago famarcéutico – insistiu Ermida- provocan unha perda considerable do poder adquisitivo dos pensionistas. Na nosa provincia, os máis de 125.000 pensionistas, máis do 35 por cento da poboación, están a perder unha media de 245 euros, o que engadido a que somos unha das provincias coas pensións máis baixas de todo o Estado e na que nin tan sequera chegan ao salario mínimo, provoca que os pensionistas lucenses sufran un maior nivel de empobrecemento”.

 Dende o BNG móstranActo público en Riotortose incrédulos ante as promesas dos populares de actualizar as pensións e chaman á reflexión para “facer un balance de todas as veces que Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy prometeron unha cousa e logo no goberno fixeron a contraria”.

 Neste senso, a candidata nacionalista insistiu en que “non hai ningún elemento para crer as promesas do Partido Popular. Unha vez que pasen as eleccións do 21-O o Goberno central aprobará un novo paquete de medidas antisocias no que, con toda seguridade, se recollerá unha diminución das pensións e, unha vez máis, os máis débiles, pagarán as consecuencias da crise mentres os causantes da mesa, as entidades financieinas, son rescatadas. Baixar salarios e pensións non é austeridade como pretenden vender os populares”.

 Ana Ermida pediu o voto aos veciños e veciñas de Riotorto para o BNG ao considerar que “é a única forza capaz de frear as políticas demoledoras do Partido Popular. Dende o Bloque Nacionalista Galego coprometémonos a incrementar o complemento autonómico das pensións non contributivas e a loitar por reforzar o sistema público de pensións, a rexeitar calquera proposta que implique a extensión do período de referencia para o cálculo das pensións de xubilación; apostamos pola modificación da regulación das prexubilacións para evitar un uso abusivo das mesmas e defendemos unha suba substancial das pensións máis baixas, tanto contributivas como non contributivas”.

ANA ERMIDA ALERTA DE QUE EN GALIZA XA HAI MÁIS PENSIONISTAS E PARADOS QUE TRABALLADORES ACTIVOS